top of page

O concerto de Danza Invisible e La Guardia deste xoves en Palas de Rei será gratuíto

Será ás 22:00 horas e terá como escenario a Praza de Galicia


Laura Moure/Palas de Rei

A Xunta de Galicia achegará ata o municipio de Palas de Rei o concerto dos grupos ‘Danza Invisible’ e ‘La Guardia’, nun evento musical que chega da man do Xacobeo 21-22, como colaborador do ciclo Los 40 Clasics- Locos por Galicia. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, acompañado polo alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, presentou este martes o concerto, que será gratuíto e que terá lugar o xoves, día 11, ás 22:00 horas, na Praza de Galicia.

ree

No transcurso da presentación, Arias salientou que “este tipo de festivais xogan un papel fundamental na dinamización cultural e turística dos concellos da provincia, en especial no marco deste dobre Ano Santo”. Neste sentido, fixo fincapé na aposta da Xunta de Galicia por “descentralizar a programación e impulsar ou apoiar actividades que cheguen ao máximo número de localidades e á maior cantidade de xente posible”.

ree
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A nova proposta musical para Palas de Rei achegará á comarca da Ulloa a dous dos grupos de pop máis salientables dos oitenta, responsables dalgúns das cancións máis emblemáticas da banda sonora da época. ‘La Guardia’, con Manuel España á cabeza, máis ‘Danza Invisible’, con Javier Ojeda ao fronte, serán os encargados de facer soar en Palas de Rei os temas míticos do pop español.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page