top of page

O Concello solicita a colaboración cidadá para cubrir unha enquisa sobre a creación dunha comunidade enerxética en Silleda

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Esta atópase na web do Concello (apartado de novas) coma nas redes sociais


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda solicita acolaboración e participación cidadá para cubrir unha enquisa coa que sondear o interese e coñecemento dos veciños e veciñas, empresas e

asociacións de Silleda sobre as comunidades enerxéticas e en xeral, sobre as iniciativas de autoconsumo colectivo de enerxía renovable.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A enquisa atópase na web do Concello (apartado de novas) coma nas redes sociais. Coas respostas contribúese a buscar a solución máis acaída ás necesidades de Silleda para a creación da primeira Comunidade Enerxética da vila.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

O Concello foi seleccionado como un dos 20 concellos rurais galegos que participarán no proxecto EC4RURAL, un proxecto europeo que, cun orzamento total de 1,60 millóns para o período 2023-2027, pretende contribuír á transición cara ao consumo consciente de enerxías limpas, garantindo que o rural non se quede atrás nun imprescindible cambio de

modelo no escenario climático actual.


A Universidade de Vigo lidera este consorcio multidisciplinar formado por concellos de España, Bélxica e Estonia. En Galicia tamén participan a FEGAMP, a Cooperativa Sapiens Energía, Unión de Cooperativas Galegas e a Fundación Juana de Vega.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Deste xeito, grazas a este proxecto conseguirase que Silleda estea na primeira liña de traballo na transición cara ás enerxías verdes coa creación no noso territorio dunha Comunidade de Enerxía Fotovoltaica

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page