O Concello outórgalle 20.000 euros á Banda de Música Municipal de Silleda
- Laura Moure
- 28 mar 2024
- 2 Min. de lectura
A administración local e a asociación Antonio Gandoy acordan que o programa “Espazos para as familias” continúe nesta localidade
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda e a Banda de Música Municipal de Silleda renovan o convenio de colaboración, asinado polo presidente da banda, Herminio Gómez Frade e a alcaldesa, Paula Fernández, nun acto ao que asistiron tamén a concelleira de Cultura, Mónica González; e Zaira Rozados, membra da directiva da banda. O importe total desta subvención nominativa é de 20.000 euros.
Polas características especiais das bandas de música, e a súa labor, o Concello de Silleda vén reservando axudas de carácter nominativo para as dúas formacións do municipio, cun procedemento que lles permite cobrar as axudas a medida que se presenta a súa correspondente xustificación.

Esta fórmula lévase aplicando xa dende o ano 2021, obtendo gran éxito e axilidade á hora de xestionar as axudas.
Dende o Concello, a alcaldesa destacou o gran traballo realizado pola Banda de Música Municipal de Silleda e que se pode comprobar tanto nas actividades e concertos que organizan como no traballo diario a través da Escola de Música.
Publicidade
Por outra banda, a concelleira de Benestar Social e Educación, Ángela Troitiño, xunto co persoal do departamento, reuniuse coas representantes da Asociación socio-educativa Antonio Gandoy, Mª Luisa Rey e Iria Rivas de Castro. Esta asociación está implementando o seu programa de atención a crianzas de 0 a 6 anos, “Espazos para as familias”, no noso municipio. Actualmente, teñen reunións semanais os martes pola tarde no Centro Social de Silleda e seguirán manténdoas durante o curso escolar 2023-2024.
Esta reunión entre ambos organismos permitiu actualizar información de como está respondendo a veciñanza a este programa, número de asistencias familiares, actividades promovidas… Tamén se acordou unha colaboración e coordinación entre a Asociación e os Servizos Sociais para derivación de familias e persoas usuarias.
Comments