top of page

O Concello encarga un proxecto a remodelación do parque da Igrexa de Silleda

Este luns comezarán tamén os traballos de tala das árbores deste espazo público, logo de detectarse perigo de caída ao estar afectados por varios fungos



Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de iniciar o proceso para a redacción dun proxecto de remodelación e renovación do parque infantil situado xunto á igrexa parroquial de Santa Eulalia.

Trátase dun espazo moi utilizado pola veciñanza da capital municipal que se renovará por completo aproveitando os traballos previos que deben acometerse co arborado do mesmo ao detectarse o grave deterioro por mor da infección de varios fungos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Estes traballos, adxudicados a Dixardín, comezarán precisamente o vindeiro luns día 8, despois de que se pechara o acceso a  este espazo público por motivos de seguridade o pasado 18 de decembro, xa que a afección das acacias do entorno poñía en risco a caída das mesmas e con elo a integridade física das persoas.


O parque reabrirase ao público unha vez rematen os traballos, e mentras redactarse o proxecto para renovar todo este parque, tanto no seu deseño como o mobiliario que nel se atopa. O parque infantil está situado fronte á praza da Igrexa de Silleda.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

O pasado mes de setembro, despois da caída dunha pola de grandes dimensións e das observación realizadas polo personal do servizo municipal de xardinería durante a sua retirada, dende o Concello de Silleda procedeuse á poda de varias ramas para evitar situación de perigo.


Á vista da situación, solicitouse en data 8 de setembro un informe á Estación Fitopatolóxica de Areeiro, dependente da Deputación de Pontevedra, para revisar o estado dunha das Acacias longifolia.


Logo das visita dos técnicos, comprobouse que ademais de ter un dos pés parcialmente secos na citada árbores, os outros 4 exemplares tamén estaban afectados, con “deficiencias moi visibles e aparentes”.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Así, e tendo en conta a ubicación das árbores, nun espazo moi transitado e utilizado como é o parque infantil, ademais da análise visual tomáronse mostras para a análise fitopatolóxica no laboratorio.


Do resultado do informe con observación detalladas de cada un dos 5 exemplares de acacia, despréndese que todas elas está afectadas por fungos patóxenos, poñendo en risco de caída, -sobre todo en circunstancias como os cambios de temperatura bruscos, situación que se da estos días-, os árbores.


“Á vista do perigo que supón e do risco de caída, o Concello de Silleda decidiu pechar o acceso a este espazo á espera de que se executen as medidas advertidas no informe e toda vez que o Concello xa eliminou hai varios meses algunhas das ramas máis perigosas ”, explica o alcalde, Manuel Cuiña, que informa de que o venres comezarán os traballos de tala das árbores.


“Co proxecto que se encargará remodelaremos este espazo infantil, continuando así ca renovación e novas dotacións de espazos de xogo e lecer que se están acomentendo dende o Concello”, sinala.

 
 
 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page