top of page

O Concello e Protección Civil de Arzúa poñen en marcha a recollida de material para axudar nos lumes

Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa informa de que, ante a vaga de incendios que afecta distintas zonas do país, habilítase desde onte, mércores 20 de agosto, un punto de recollida de material de autoprotección no edificio consistorial. O servizo funcionará de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas, e manterase aberto ata novo aviso.


Esta iniciativa realízase en colaboración con Protección Civil de Arzúa, que será a encargada de recoller o material e distribuílo posteriormente nas zonas afectadas, segundo as necesidades e indicacións das autoridades competentes.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O material recomendado é o seguinte:


  • Batelumes

  • Gafas de protección

  • Luvas de protección

  • Mascarillas (preferiblemente FFP2)



Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Desde o Concello de Arzúa faise un chamamento á colaboración cidadá para, entre todas e todos, contribuír a apoiar ás persoas que están a combater os lumes no noso país.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page