top of page

O Concello e o colectivo Correr en Monterroso dan a coñecer o novo trazado da IV edición da 10K

4 sept 2022
2 min de lectura

Os participantes poderán desfrutar dun circuíto que discorre en gran parte baixo a

sombra que dan as arbores frondosas tan características das paisaxes da Ulloa


Laura Moure/Monterroso

O Concello de Monterroso e o colectivo Correr en Monterroso dan a coñecer o novo trazado polo que discorrerá a IV edición da 10K Concello de Monterroso. A proba celebrarase o domingo 11 de setembro pola mañá con saída na rúa Poeta Lorenzo Varela, incorporase a estrada do Marco, pasa polo Barrio dos Pinos, A Seixosa, Cumbraos, Vilanova, continua ata cruce estrada do Marco con estrada a Leborei onde xira a dereita, Leborei, Ponte dos Carros, o Fental e volta de novo polo Barrios dos Pinos ata a meta na rúa Lorenzo Varela.

Os participantes poderán desfrutar dun circuíto que discorre en gran parte baixo a

sombra que dan as arbores frondosas tan características das paisaxes da Ulloa. A parte das habituais clasificacións en función dos rangos de idade, este ano recuperase a clasificación para maiores de 65 anos e dáselle continuidade as competicións por equipos.


Xunto coa carreira, organízanse paralelamente unha andaina de cinco quilómetros, para aqueles que os dez se lles faga moito, que pasa por paraxes e camiño de gran beleza. As

probas para menores de idade con distancias de 100 metros, 500, e 1.000 metros (en función do ano de nacemento dos participantes) será na contorna do Espazo Lorenzo Varela.


O prazo remata o 6 de setembro

O dereitos de inscrición de andaina e probas de menores son gratuítos mentres que os participantes da 10K pagarán sete euros. A inscrición para o evento remata o día 6 de setembro e pode facer na web www.correrenmonterroso.es


Dende a organización "hai unha aposta decidida pola aplicación de criterios sustentable

e por iso, a partir desta edición e no futuro, buscarase unha diminución no impacto no medioambiente coa redución de lixo, a rebaixa do uso de plástico e o fomento do reciclaxe. Para empezar a implementar as medidas o evento conta coa colaboración

de ecoembes a organización sen ánimo de lucro que coida do medioambiente a través da reciclaxe".


Recollida de bicicletas

A carreira tamén vai colaborar con Recycling bicicletas solidarias, coa colocación dun

punto de recollida de bicicletas, camisetas deportivas, gymsacks, zapatillas e outros materiais deportivos para o seus proxectos solidarios.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A alcaldesa, Rocío Seijas, destaca que se trata dunha aposta por desfrutar da paisaxe

monterrosina, do entorno, fomentar hábitos de vida saudables e apostar por eventos

que fomenten a sustentabilidade. Así mesmo sinala que esta proba enmárcase dentro dunha ampla programación deportiva na que todas as fins de semana do mes de setembro habrá variedade de probas deportivas de diferentes disciplinas destacando o judo, petanca, atletismo, fútbol, sendeirismo e pádel.


NOTICIA RELACIONADA:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page