top of page

O Concello do Pino organiza un obradoiro gratuíto de Chikung e Taichi aberto á veciñanza

A actividade celebrarase o 25 de abril no pavillón de Reboredo cunha proposta centrada no benestar físico e mental


Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino promove un novo obradoiro de benestar centrado nas disciplinas de Chikung e Taichi, que terá lugar o sábado 25 de abril en horario de 10:30 a 12:30 horas no pavillón de Reboredo. A proposta, de carácter gratuíto, ofrécelle á cidadanía a oportunidade de achegarse a prácticas tradicionais orientadas ao equilibrio físico e mental, cunha capacidade limitada a trinta participantes.

A formación será impartida por Fernando Salgado, médico especialista en Medicina Chinesa pola Universidade de Pequín e cunha ampla traxectoria como instrutor destas disciplinas. O relator conta ademais cunha destacada experiencia docente como coordinador do Máster de Acupuntura da Universidade de Santiago durante máis de dúas décadas, o que garante un enfoque rigoroso e accesible para todas as persoas asistentes.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Durante a sesión desenvolveranse exercicios sinxelos e eficaces propios da medicina chinesa, pensados para contribuír á mellora e mantemento da saúde. A actividade está

aberta a persoas adultas e menores a partir dos sete anos, favorecendo así a participación interxeracional nun contexto de aprendizaxe e coidado persoal.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

As inscricións poderán realizarse de forma presencial no Concello do Pino, na área de Deportes, entre o 14 e o 24 de abril ata as 15:00 horas.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page