top of page

O Concello do Pino organiza oito excursións gratuítas para a rapazada ao longo do verán

O programa Conciliamos Viaxando está dirixido a nenas e nenos de entre 6 e 12 anos


Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino pon en marcha Conciliamos Viaxando coa cativada do Pino, o programa co que a rapazada poderá desfrutar gratuitamente de diversas saídas durante o verán co obxectivo de facilitar a conciliación familiar e laboral no período das vacacións escolares.

O programa, dirixido ás nenas e aos nenos de entre 6 e 12 anos, consta dun total de oito

excursións, que se levarán a cabo noutros tantos mércores dos meses de xullo, agosto e

setembro. Terá preferencia a rapazada inscrita nalgunha das quendas do Lecer Verán así

como a empadroada no Concello do Pino. Ademais, e co obxecto de que poidan gozar desta actividade o maior número de menores, os participantes non poderán repetir destino.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Estes destinos, aínda por concretar, serán un total de catro: a unha praia, a un parque de aventuras, a un espazo natural e a un acuario e un planetario.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

As inscricións realizaranse ata o luns 15 de xullo cubrindo a formulario que se pode descargar na web do Pino ou recollelo de xeito presencial nas oficinas municipais de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas. No caso de que as solicitudes superen o número de 50 prazas dispoñibles, adxudicaranse por orde de inscrición en igualdade de condicións.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page