top of page

O Concello do Pino lanza o 'Vai de praia 2024' coa primeira saída a Boiro o mércores 3 de xullo

O prezo é de 10 euros por viaxe para adultos e de 5 euros para menores de 13 anos


Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino anuncia o inicio da edición 2024 do programa Vai de praia, unha iniciativa xa consolidada no municipio que lle permite á veciñanza visitar os areais da costa de Galicia durante todo o verán. Este programa ofrece a oportunidade de gozar de diferentes praias os mércores dos meses de xullo e agosto.

O calendario de saídas inclúe visitas a Boiro o mércores 3 de xullo, a San Francisco en

Muros o mércores 10, a San Vicente do Mar no Grove o 17, á Illa de Arousa o 24 de xullo e

de novo a Boiro o día 31. En agosto, as excursións levarán ás persoas participantes a San

Francisco en Muros o mércores 7, a San Vicente do Mar no Grove o día 21 e á Illa de Arousa o mércores 28.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

O custo por viaxe é de 10 euros, mentres que para menores de 13 anos será de 5 euros. Un autobús percorrerá as parroquias do municipio para recoller as persoas participantes. É

importante destacar que os menores deberán ir acompañados dunha persoa adulta.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

Para reservar praza, é necesario pagar o importe correspondente na conta que o Concello

do Pino ten en Abanca (ES70 2080 0337 1131 1000 0078) ou rexistrar a documentación antes das 13:00 horas do día anterior á viaxe. Para obter máis información e realizar

inscricións, as persoas interesadas poden visitar a páxina web www.opino.gal, acudir á

Casa da Cultura ou chamar ao teléfono 981 511 065.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page