Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

O Concello do Pino fomenta a natalidade e o empadroamento con axudas directas ás familias

É obrigatorio que polo menos un dos proxenitores estea empadroado no Pino e manteña esta condición, así como a do bebé, durante cinco anos


Ecos da Comarca/ O Pino

O Concello do Pino informa que está levando a cabo unha campaña de fomento da natalidade e do empadroamento. "Dende o pasado 1 de xaneiro, O Pino incentiva con axudas directas ás familias por nacemento ou adopción", sinala.


As axudas que ofrece son:

  • 750 euros polo primeiro fillo.

  • 1.000 euros polo segundo fillo e sucesivos.

  • 1.500 euros se o bebé ten acreditada unha discapacidade igual ou superior ao 33%.

  • O dobre das contías se o parto ou a adopción é múltiple.

A convocatoria estará aberta durante todo o ano 2022. "É requisito obrigatorio que alomenos un dos proxenitores estea empadroado no Pino e manteña esta condición, así como a do bebé, durante cinco anos", subliña o Concello.