top of page

O Concello do Pino entregará as distincións aos mellores deportistas o xoves 30 de xullo

Os galardoados nesta terceira edición son o xogador de hóckey sobre patíns Hugo Rodríguez Blanco, a atleta Xiana García Seijo e o equipo cadete da SD O Pino


Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino celebrará mañá, xoves 30 de xullo, ás 11:00 horas na Casa do Concello, o acto de entrega da terceira edición das distincións aos deportistas locais máis destacados durante a temporada. Nesta ocasión, os galardoados son o xogador de hóckey sobre patíns Hugo Rodríguez Blanco, a atleta Xiana García Seijo e o equipo cadete da SD O Pino.

O Concello instaurou estes recoñecementos no ano 2023 co obxectivo de dar visibilidade aos méritos da mocidade empadroada no municipio que destaca en distintas disciplinas

deportivas, premiando o esforzo, a constancia e os bos resultados acadados ao longo da

temporada. A través desta iniciativa, o goberno municipal reafirma o seu compromiso co

deporte de base e co apoio ás novas xeracións de deportistas do Pino.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Os premiados recollerán os seus diplomas e trofeos nun acto institucional que servirá para

recoñecer publicamente a súa traxectoria e os logros conseguidos durante a presente

temporada 2025-2026.


Entre os galardoados atópase Hugo Rodríguez Blanco, xogador da A.C. Ordes de hóckey sobre patíns, que se proclamou campión autonómico sénior e logrou, xunto co seu equipo, o ascenso da categoría de bronce á de prata.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Tamén será distinguida a atleta Xiana García Seijo, integrante do Club Atletismo O Pino, que conseguiu un destacado cuarto posto na proba dos 100 metros valados no Campionato Xunta de Galicia Sub-20, celebrado o pasado 27 de xuño no Pereiro de Aguiar.


Categoría de equipos

Na categoría de equipos, o Concello do Pino recoñecerá o conxunto de cadetes da SD O Pino, campión da Liga Cadete de 2ª Futgal e semifinalista da Copa do Sar. Entre os integrantes do equipo nados no municipio figuran os xogadores Yeray Barreiro Villar,

Daniel Jesús Camba Quintela, Alexandre Fernández Botana, Iván Fernández Mella, Hugo García Moledo, Santiago Mecías Rey, Pedro Montero Castiñeiras, Pedro Muñoz Fandiño, Iker Naveiro Martínez, Rodrigo Sanjuás Tarrío e Enoc Taboada Gómez. O recoñecemento

esténdese tamén a Javier Gendre Mella, segundo adestrador do equipo cadete e tamén

míster do conxunto infantil de fútbol sala, ao que levou ata unha meritoria quinta posición na competición.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Con esta terceira edición das distincións, o Concello do Pino continúa apostando por visibilizar o talento da súa mocidade, poñendo en valor o esforzo, a disciplina e os éxitos

acadados por deportistas que representan con orgullo o nome do municipio nas diferentes

competicións nas que participan.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page