top of page

O Concello do Pino entregará 1.875 euros en premios no seu concurso de Entroido

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Celébrase o 19 de febreiro e haberá seis categorías


Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino celebrará o domingo 19 de febreiro o tradicional Concurso de Entroido. Será a partir das 17:30 horas, na praza do Concello. A edición deste ano conta cun total de 1.875 euros en premios repartidos en sete categorías.

Todas as persoas interesadas en participar deberán formalizar previamente a súa inscrición cubrindo a solicitude de participación e presentándoa presencialmente no rexistro do Concello, de luns a venres en horario de 8:30 a 14:00 horas. A inscrición tamén se poderá formalizar na sede electrónica do Concello ata que empece o concurso o 19 de febreiro.


Contías

O Concurso de Entroido 2023 Concello do Pino contempla seis categorías, todas elas con premios en metálico: infantil (ata 12 anos), cun primeiro premio de 150€ e un segundo de 100 €; individual (150 euros); parella (174 €), grupo (250 €); comparsa (400 €) carroza (500 €) e ao disfrace máis orixinal (150 euros).


Segundo establecen as bases do concurso, as comparsas deberán estar compostas por un mínimo de 10 persoas representando un mesmo motivo. O día do concurso poderán realizar un pequeno espectáculo (interpretación musical, coreografía, escenografía…) de tres ou catro minutos. Os grupos poderán estar formados por entre 3 e 9 persoas e as carrozas por un mínimo de 4 representando algún motivo enriba dun móbil.


O xurado

O xurado valorará a orixinalidade do vestiario, a estética, a creatividade, a elaboración dos disfraces, comparsas e carrozas (que sexa un traballo feito a man e que empreguen materiais de refugallo). Tamén se valorará a posta en escena, a animación musical, a capacidade de interacción co público, a mobilización de masas, a sátira e ou a crítica social construtiva, ademais do emprego do galego oral e escrito.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

As bases do Concurso de Entroido pódense consultar na web do Concello. Tamén se pode descargar a ficha de inscrición e a autorización de menores, que deberá ser entregada asinada polo pai, a nai, titor ou titora.


As fichas de inscrición nas diferentes categorías pódense descargar nos seguintes arquivos, e tamén consultar as bases do concurso:

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page