top of page

O Concello do Pino destina 45.220 euros ás axudas destinadas a entidades sen ánimo de lucro

As solicitudes presentaranse no prazo de 10 día hábiles contados a partir de hoxe


Laura Moure/O Pino

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou este martes 4 de abril, o anuncio da aprobación das bases da convocatoria de subvencións municipais destinadas a asociacións e entidades sen ánimo de lucro do Concello do Pino para o presente exercicio 2023.

A convocatoria diríxese ás entidades veciñais, culturais, deportivas e do patrimonio histórico do Pino, co obxecto de promover e apoiar estas entidades como ferramentas activadoras e catalizadoras da participación cidadá. O Concello do Pino destina a estas axudas un total de 45.220 euros de fondos propios.


As solicitudes presentaranse no prazo de 10 día hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no BOP.

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

O procedemento de concesión das axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva. Antes da resolución definitiva, publicarase a listaxe provisional das axudas concedidas e outorgarase un prazo de cinco días naturais para que as asociacións e entidades sen ánimo de lucro poidan presentar as alegacións que estimen oportunas.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O prazo de xustificación da subvención será 1 de decembro deste ano para todas aquelas entidades que resulten finalmente beneficiadas con algunha destas axudas. O anuncio da convocatoria, así como as bases da mesma e os anexos pódense consultar na seguinte ligazón:

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page