top of page

O Concello do Pino decide suspender o Festival Folk deste sábado polo incremento de casos de Covid

Opta por extremar as precaucións e adía os espectáculos ata que mellore a situación epidemiolóxica


Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino acordou suspender o Festival Folk programado para o vindeiro sábado, 31 de xullo, en Arca por causa do incremento da incidencia da Covid-19 no municipio nestas últimas semanas. Os últimos datos de propagación do coronavirus na área sanitaria de Santiago e Barbanza son, en xeral, preocupante. No caso concreto do Pino, o municipio rexistra nestes momentos un total de 40 persoas positivas entre a veciñanza, tal e como informa o Concello.

A Casa Consistorial do Pino.

O alcalde, Manuel Taboada, volve pedir prudencia e responsabilidade a toda a veciñanza, incide na necesidade do uso da máscara e de gardar as distancias interpersoais e subliña que o incremento dos casos de coronavirus non garda relación co brote detectado a pasada fin de semana nun grupo de peregrinos que se aloxou en dous albergues do municipio.


O Festival Folk O Pino 2021 substituía esta fin de semana a tradicional celebración da Festa do Galo Piñeiro polas actuacións de Manoele de Felisa e o Bruxo Queiman no campo da festa de Arca. Malia que o evento ía contar con cadeiras individuais e separadas e respectar todos os protocolos sanitarios, o Concello prefire extremar as precaucións e toma a decisión de pospoñelo para cando mellore a situación epidemiolóxica.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page