O Concello do Pino clausura o xoves 29 o curso de informática no que participan unhas 10 persoas
- Laura Moure

- 22 jun 2023
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/O Pino
O Concello do Pino clausura o xoves 29 de xuño o curso de informática no que unha decena de persoas adultas adquiriron as ferramentas básicas para manexarse no uso do ordenador e do teléfono móbil.

Todos os martes e xoves, un grupo de dez alumnos aprendeu a desenvolverse nunha realidade cada vez máis dixital con conceptos como a creación de documentos, o envío de correos, as buscas en internet ou facer trámites habituais como pedir unha cita médica.
Para a maioría do alumnado este curso permitiulles ter o primeiro contacto con manexo dun ordenador. A vindeira semana, da man do profesor Luis Peñín, os alumnos e alumnas continuarán a súa aprendizaxe esta vez cos teléfonos móbiles.
Mª Carmen Crego Cotón, Matilde Ferreiro Castro, María Abel Suárez, Cruz Míguez Pintor, Rosa Cereijo Beade, José Valiño Adán e Abel Moure López foron algunhas das alumnas que participaron nas clases do curso que remata este mes de xuño.








Comentarios