top of page

O Concello do Pino celebrará o domingo 2 de marzo o seu Concurso de Entroido con distintos premios

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

É necesario inscribirse para poder participar


Laura Moure/ O Pino

O Concello do Pino anuncia a celebración do seu tradicional Concurso de Entroido, que terá lugar o domingo 2 de marzo na praza do Concello a partir das 16:30 horas. O evento busca promover a conservación das tradicións populares e dinamizar a actividade cultural, artística, turística e comercial no municipio.


O certame estará aberto á participación tanto de persoas individuais como de agrupacións, sempre que cumpran os requisitos establecidos nas bases reguladoras. No caso dos menores de idade, será necesaria unha autorización do seu representante legal.

foto

O concurso do Entroido 2025 inclúe sete categorías competitivas, cada unha delas con premios en metálico. Na categoría infantil (ata 12 anos), as gratificacións serán de 150 €

para o primeiro posto e de 100€ para o segundo. Na categoría individual, o premio

ascende a 150€, mentres que na categoría de parella os gañadores levarán para a casa 200€. Os grupos (máis de 3 persoas e menos de 9) optarán a un premio de 300 €, as comparsas (mínimo 10 persoas) a 700€ e as carrozas (mínimo 4 persoas sobre estrutura móbil decorada) a 500€. Ademais, volverá premiarse ao disfrace máis orixinal con 200 €. A

contía dos premios mantense nesta edición tras o incremento do 22,7% aplicado no pasado ano.


Publicidade

ANUNCIO
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A avaliación das propostas terá en conta aspectos como a orixinalidade, a creatividade, a

utilización de materiais reciclados, a posta en escena e o uso do galego. Ademais, aquelas

agrupacións que o desexen poderán realizar pequenas representacións escénicas de entre 3 e 4 minutos de duración, sempre que o indiquen previamente na solicitude de

participación.


Inscrición

O período de inscrición dará comezo ao día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da provincia de A Coruña e permanecerá aberto ata o 2 de

marzo de 2025, xusto antes do inicio do concurso. As solicitudes poderán tramitarse mediante a presentación da solicitude no Rexistro Municipal de 8:30 a 14:00 horas nos días

laborais, ou na sede electrónica (https://opino.sedelectronica.gal/ ) ou presencialmente

na praza do Concello.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Os premios serán entregados no propio evento e aboaranse mediante transferencia

bancaria, para o que será necesario presentar a documentación requirida antes do 30 de

marzo de 2025.


As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao Departamento de

Educación e Cultura na Casa da Cultura (Rúa do Peregrino, 10) ou contactar co teléfono

981 511 065. A información completa sobre as bases do XXIV Concurso de Disfraces 2024, así como os formularios de inscrición, pódense consultar na web municipal www.opino.gal 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page