top of page

O Concello do Pino celebra o sábado 13 de setembro a IV Festa da Familia Papaventos

O programa inclúe obradoiros, xogos populares, festa holi e un completo cartel de espectáculos


Laura Moure/O Pino

A área recreativa da Madalena converterase o sábado 13 de setembro no escenario da cuarta edición da Festa da Familia Papaventos, unha celebración organizada polo Concello do Pino e pensada para que persoas de todas as idades gocen dunha tarde de convivencia e diversión en contacto coa natureza.


A programación dará comezo ás 16:00 horas cun espazo lúdico no que non faltarán os xogos populares, os obradoiros en familia e a sempre esperada festa holi, que encherá de cor a carballeira. Trátase dunha oferta pensada para compartir risas e experiencias entre pequenos e maiores, reforzando o espírito participativo que caracteriza a festa.


 APOIO AO XORNALISMO PALESTINO

ECOS DA COMARCA APOIA AO XORNALISMO PALESTINO. Preme na imaxe para máis información.
ECOS DA COMARCA APOIA AO XORNALISMO PALESTINO. Preme na imaxe para máis información.

Espectáculos para rir, sorprenderse e emocionarse

O apartado artístico abrirase ás 16:45 horas coa compañía A Farra Xous e o seu espectáculo de clown Bambolina, no que dous pallasos convidan ao público a mergullarse nas súas aventuras cheas de humor absurdo e tenrura.


A continuación, ás 18:00 horas, será a quenda de Facendo o indio, da compañía Galitoon, unha proposta chea de accións disparatadas e participación do público que repasa á súa maneira a cultura das tribos indias americanas.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A festa pecharase ás 20:00 horas co Galerock’N’Magic do Mago Teto, un espectáculo que combina música en directo, humor e maxia para facer un percorrido pola historia musical galega, desde o Xabarín Club ata os grupos máis actuais.


Unha festa que xa é referencia no calendario

A Festa da Familia Papaventos consolidouse ao longo das súas catro edicións como unha das citas máis queridas do calendario lúdico do Pino. O evento combina xogos de sempre e espectáculos innovadores, converténdose nunha ocasión perfecta para compartir tempo en familia e gozar dunha entretida xornada.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page