top of page

O Concello de Vila de Cruces xa rozou a maleza no 60% das súas parroquias

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O alcalde destaca a “rapidez e eficacia” do plan municipal, grazas ao que “xa se actuou nas case 28 parroquias, que nalgúns casos levaban anos sen ningún tipo de actuación"


Laura Moure/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces xa rozou o 100 % das pistas asfaltadas das súas parroquias e o 60% das pistas de concentración parcelaria e camiños do monte, datos que se alcanza grazas aos labores de limpeza dos camiños e vías de acceso, actualmente en curso. "Uns traballos que requiren de operarios manuais con motoserras para poder acceder debido a gran cantidade de maleza acumulada o longo de máis de 10 anos sen ningún tipo de actuación, que forman parte da execución do plan de roza de pistas municipais impulsado polo alcalde para eliminar os matoxos e a maleza no total das 28 parroquias municipais, para manter a salubridade e evitar posibles incendios na vila e mellorar os accesos", indican dende o Concello.

Así o deu a coñecer o alcalde Luís Taboada, quen nunha visita aos labores de limpeza destacou a “rapidez e eficacia” das tarefas realizadas ata o de agora, logro que achacou á incorporación este ano do alugueiro dun novo brazo mecánico articulado. "Que non se puido comprar por negativa dos grupos da oposición PP-BNG e PSOE, que non lles parecía importante o rozar e manter a maleza controlada", critica.


A mecanización dos labores permitiu, segundo mantivo, “axilizar os traballos e facer os labores de maneira máis efectiva e organiza”, de tal maneira que Luís Taboada informou de que desde que o plan púxose en marcha o pasado maio “xa se rozaron a totalidade das pistas asfaltadas e practicamente o 60 por certo das pistas de concentración parcelaria e camiños do monte, inclusive nalgunhas xa se desbrozou dúas veces. Unhas cifras que se traducen en que en Vila de Cruces cóntase con 155 quilómetros cadrados de zona maiormente rural e unha gran masa forestal que necesitan rozas e que están totalmente intransitables, tendo que usar motoserras e traballos manuais de roza para que poidan acceder a maquinaria, o que fai que estes traballos se retrasen".


Para o alcalde Luís Taboada, “calcúlase que os traballos non poden ter un mes concreto para o seu comezo e o seu final, senón que ten que ser un traballo constante". A intervención forma parte, en palabras do rexedor, “das liñas prioritarias da xestión deste novo goberno, na que destaca as parroquias como unha das nosas principais prioridades”, dixo, para a continuación citar, entre outras actuacións impulsadas desde o Concello de Vila de Cruces, “o plan de choque para a limpeza de todas as parroquias, un novo plan asfáltico, que en breve anunciaremos".


Luís Taboada adianta que “esta vai ser nosa liña de actuación durante este mandato, porque, como dixen en reiteradas ocasións, as parroquias e sobre todo o rural son un aceno de identidade na nosa forma de traballar e así é como o entendemos”.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page