top of page

O Concello de Vila de Cruces tilda de "éxito rotundo" a actuación de Gisela deste mércores

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Vila de Cruces

A maxia de Disney concentrouse este mércores 22 de decembro no Auditorio de Vila de Cruces, coa actuación de Gisela, a Voz de Disney en España e unhas das primeiras participantes de Operación Triunfo. O Concello de Vila de Cruces tilda o concerto de "éxito rotundo".

Gisela durante a súa actuación en Cruces.

"Gisela foi arroupada por un auditorio cheo ata a bandeira, desexosos de escoitar en directo as famosas cancións das súas películas preferidas de Disney, no que a artista non defraudou e fixo gozar a todos os espectadores cun amplo repertorio das súas cancións que soaron nas famosas películas como Frozen, El reino del hielo, Encantada, La historia de Giselle, Peter Pan y el regreso al país de nunca jamás o La Bella y la Bestia", indica o Concello.


O tenente de alcalde, Julio López, supervisou persoalmente todo o evento, desde o principio ata o seu remate e a conclusión é que foi moi satisfactorio segundo palabras do edil. “Basta só con ver as súas caras de ilusión e alegría, para entender a maxia que xeran os contos Disney e que os nenos e nenas fan aínda máis visible nestas datas tan entrañables. Conseguimos grazas a Gisela que a maxia do Nadal sómese á maxia Disney, e xa vos podedes imaxinar o que iso significa”, recalca López.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page