top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Concello de Vila de Cruces presentou este venres as alegacións aos parques eólicos

Laura Moure/Vila de Cruces

O alcalde de Vila de Cruces, Luis Taboada, ao longo destes meses leva traballando na documentación que se ía presentar para a paralización dos parques eólicos que afectan a todo o municipio. "De todos é coñecido a posición do alcalde ante esta situación, unha posición totalmente contraria á súa instalación como xa fixo notar na súa anterior declaración aos medios na que comparaba estes muíños de vento con espantallos, uns muíños de vento que ían ser moi prexudiciais para a contorna e aos veciños e veciñas de Vila de Cruces", apuntan desde o Concello.

Consistorio cruceño

Este venres o mandatario deu un paso máis ó enviar as alegacións aos parques eólicos que se pretenden instalar en Vila de Cruces, facendo extensible esta renuncia á posibilidade de que as liñas de outros parques que se ían instalar en Lalín e outros concellos veciños pasen polo seu territorio, "esnaquizando a masa forestal máis importante da contorna, e escorrentando ós poucos veciños que a día de hoxe apostan polo rural, ó ser unhas paraxes idílicas e tranquilas con posibilidade de gañarse un futuro coa agricultura e a gandaría".


Agora como di Taboada, “non podemos cruzarnos de brazos posto que este é un pequeno paso de outros moitos que temos que seguir facendo” e quere agradecer a todos os grupos da corporación, que á súa maneira queren tamén liquidar este problema que se nos presenta, e sobre todo agradecer aos veciños e ás veciñas a colaboración que tiveron en todo momento, un agradecemento que fai extensible ás plataformas creadas para "combater esta lacra que son os muíños de vento e a todos os profesionais que participaron e continuarán traballando para poder máis cedo que tarde anunciar que xa non se instalarán nos nosos montes ningún destes parques eólicos que a Xunta de Galicia nos quixo colocar, sen ter encontra a situación do noso concello".


0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page