top of page

O Concello de Vila de Cruces negocia adquisición de aparellos de CO2 para a hostalaría do municipio

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Esta inversión, e outras, dependerán da aprobación dos orzamentos

O Consistorio de Vila de Cruces.

Autor: Ecos da Comarca.

Laura Moure/Vila de Cruces

Este luns están convocados novamente todos os grupos da oposición de Vila de Cruces co que xa é a terceira reunión mantida para informar e concretar a partida de 200.000 euros que os grupos da oposición utilizarán. Unha reunión crucial segundo a concelleira Mireya Otero para desencaixar e avanzar no documento que foi entregado aos grupos hai practicamente dous meses, un documento moi necesario nestes intres (como xa informou a concelleira de Facenda no seu anterior comunicado). Un documento que a través do remanente de Tesourería, outorgará a posibilidade de incrementar todas as partidas necesarias para dar un empuxe ao tecido Empresarial e Económico de Vila de Cruces, fomentando ao mesmo tempo a Cultura, o Deporte, e os Labores Sociais", apunta.


O teniente de alcalde, Julio López, á súa vez non quere esperar á aprobación definitiva dos orzamentos 2021, e está a pedir ofertas para a adquisición de aparellos de CO2 para entregarllos á hostalería de forma gratuíta, e así axudalos coas esixencias que a Xunta de Galicia impuxo para que poidan realizar o seu traballo con normalidade. Tamén o grupo de goberno está a ultimar as cantidades coas que van axudar a todas as parroquias cando poidan celebrar as súas festas patronais, "coa única intención de fomentar a cultura e axudar aos todos os grupos do municipio que poidan ofertar os seus servizos, un compromiso que tiñan no seu programa electoral". Julio López quere lembrar que todas estas propostas pasan pola aprobación dos orzamentos.




0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page