O Concello de Vila de Cruces esixe a Telefónica a reparación urxente de danos no municipio
- Laura Moure

- 10 mar 2023
- 1 min de lectura
"É un auténtico perigo para veciños e viandantes en diferentes zonas debido a postes rotos e cables caídos", sinala o equipo de goberno
Laura Moure/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces emitiu un comunicado para reclamar a Telefónica a urxente reparación dos danos en diferentes lugares do municipio. Segundo afirma o alcalde, Luis Taboada, e o tenente de alcalde, Julio López, "enviouse un correo fai tres semana, ao que contestaron, cun número de incidencias, e a pesar da urxencia e da peligrosidade despois de tres semanas seguen sen dar solución algunha".
Entre as fotos proporcionadas polo tenente de alcalde, pode observarse a situación dun poste telefónico situado na calle do Pino, "que representa un perigo real para os veciños". "Do mesmo xeito, neste prazo de tempo e debido á mala conservación dos materiais e das inclemencias do tempo hai que sumarlle máis despefectos en Freande, lugar da parroquia de Camanzo, rexistráronse cables caídos e postes rotos que son moi perigosos para veciños e viandantes. Ademais, informouse da situación de cables caídos en Duxame, no lugar de Moreira", apunta.
O Concello de Vila de Cruces solicita a Telefónica que se resolva o problema nun prazo mínimo de tempo, para evitar posibles accidentes na zona. "No caso de que a empresa de telecomunicacións non resolva esta situación, tomaranse outras medidas desde o Concello para garantir a seguridade dos cidadáns", recalca o equipo de goberno. O Concello de Vila de Cruces agarda que Telefónica preste atención a esta reclamación e realice as reparacións necesarias na maior brevidade posible. "A seguridade dos cidadáns é unha prioridade e debe ser tratada coa importancia que merece", subliña.







Comentarios