Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

O Concello de Vila de Cruces entrega 1.000 máscaras FFP2 á residencia municipal

Laura Moure/Vila de Cruces

Esta mañá o alcalde de Vila de Cruces, Luis Taboada, en compañía dos seus concelleiros de goberno, Mireya Otero e Julio López, entregaron 1.000 máscaras FFP2 na residencia municipal de maiores da localidade, que atende nestes momentos a preto de 50 persoas de alto risco ante a pandemia.

Luis Taboada e Mireya Otero coas máscaras.

As noticias do avance do Virus Ómicron motivou o reforzo da prevención ante posibles contaxios con novas restricións anunciadas no día de onte polo presidente da Xunta de Galicia. Unhas restricións, que segundo Taboada, "axudarán a que non se estenda o virus, un virus que está a facer desfeitas no tecido empresarial, afectando directamente á hostalería, que unha vez máis volven ser os prexudicados".


Ante esta situación Taboada cree oportuno o dotar á residencia de maiores de máis máscaras, para aumentar a súa seguridade. Ademais, avanza que mantivo unha reunión cos seus concelleiros para planificar eventos e xornadas para o próximo ano que incentivan o consumo na hostalería e o turismo de Vila de Cruces, sinalando que se volcarán en atender e axudar en todo o que sexa posible ao tecido empresarial, cultural e deportivo do concello. Taboada manifesta que "as axudas directas son moi positivas, pero que os empresarios necesitan algo máis que unha axuda puntual, necesitan que se lles axude e ir xuntos da man coa administración para lograr volver reflotar os seus negocios".


Julio López tenente de alcalde e responsable das concellerías de cultura, turismo e deporte colleu a testemuña e hoxe mesmo comezaba a traballar para facer que a administración sexa máis próxima ao cidadán e aos emprendedores.