top of page

O Concello de Vila de Cruces cancela as sesións de cinema previstas para hoxe e para os días 26 e 2

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O equipo de goberno considera que é o máis sensato ante o incremento de casos de coronavirus


Laura Moure/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces decide cancelar as actividades de Nadal previstas para os vindeiros días. "Por mor dos últimos incrementos que se están observando de Covid, consideramos que o aconsellable é tomar medidas drásticas para evitar contaxios", subliña. Desta maneira, o Concello informa que quedan canceladas as sesións de cinema en interior previstas para hoxe, día 24, e para os días 26 de decembro e 2 de xaneiro.


“Dende o goberno non queremos esperar nin un segundo en tomar decisións, aínda que estas non sexan fáciles nin agradables de tomar, pero temos que ser responsables e o primeiro é a seguridade de todas e de todos e por ese motivo, cancelamos todas as actuacións que estaban pendentes de realizar”, anuncia a concelleira Mireya Otero.


Estas actividades estaban pensadas para contribuír á conciliación nestas datas na que os máis novos teñen vacacións. "Pero ante esta situación o goberno utilizando a sensatez dá por finalizadas as actividades de Nadal para evitar no posible a extensión de contaxios". O equipo de goberno pide desculpas e espera a comprensión de toda a veciñanza.

O equipo de goberno cruceño.

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page