top of page

O Concello de Vila de Cruces anuncia melloras en distintos camiños por valor duns 300.000 euros

Tamén adianta proxectos para abastecer de auga potable a diferentes lugares


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces continúa "cun arduo traballo por parte do seu alcalde, Luis Taboada, a pesar das trabas impostas pola oposición do PP, BNG e PSOE ao non

aprobar o orzamento", sinala o goberno local. A pesar deste contratempo, o rexedor informa aos veciños "que segue a traballar incansablemente para mellorar a vila". Ademais,

anuncia a realización de traballos de mellora de varas pistas do municipio.

Así fala de actuacións de camiños incluíndo Señorín na parroquia de Camanzo, Cirela na parroquia de Gres, Lareo na parroquia de Salgueiros, Pastoriza na parroquia de Carbia, Fondevila e os Mestres na parroquia de Bascuas, O ra na parroquia de Santomé de Obra, en Oirós, en Castro na parroquia de Besexos, Rúa Covas e Rúa Pino no casco urbano, Loño e Outeiro na parroquia de Portodemouros. "Estes traballos realizaranse por un importe de licitación de 314.505,05 euros".


Ademais, o Concello tamén planifica proxectos para mellorar o abastecemento de auga potable na vila, incluíndo a dotación desta e a reposición da capa de rodadura no lugar de Brandomés na parroquia de Brandariz, e tamén dotará de auga potable desde o lugar de Frieira ata o lugar de Camanceiros na parroquia de Camanzo, cunha inversión de 162,669,39 euros.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

"O Concello de Vila de Cruces, baixo a dirección do seu alcalde, está comprometido a mellorar a vida dos veciños e veciñas e a facer de Vila de Cruces un lugar aínda máis acolledor e próspero. Este anuncio demostra a súa dedicación a cumprir coa súa misión e a superar os obstáculos que se presentan no camiño", recalca o ente local.



Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page