O Concello de Touro xa ten a punto a piscina municipal para a súa apertura o próximo 1 de xullo
- Laura Moure
- 26 jun 2021
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Touro
O Concello de Touro xa ten a punto a piscina municipal, ubicada na zona de servizos da praza do Luar onde tamén se atopan as pistas deportivas, a Casa da Cultura e o PAI. Durante os últimos días os traballadores do Concello de Touro estiveron arranxando os últimos detalles e comprobando que as instalacións da piscina se manteñan nas mellores condicións para o desfrute da veciñanza.

A inauguración da tempada estival da piscina, que estará aberta en horario de tarde, está prevista para o próximo xoves, día 1 de xullo. A entrada é de balde para os veciños e veciñas censados no Concello de Touro.
As instalacións, que contan con todas as medidas de seguidade e seguirán o protocolo sanitario para seguir loitando contra a Covid-19 e permanecerán abertas ata inicios de setembro.
Kommentarer