top of page

O Concello de Touro solicitará un punto limpo móbil, algo que xa propuxera a Marea Veciñal en 2019

16 feb 2022
2 min de lectura

Ecos da Comarca/Touro

"Despois de tres anos demandando a posta en marcha dun punto limpo móbil, proposta que foi rexeitada polo goberno municipal logo dunha iniciativa plenaria do movemento veciñal no ano 2019, finalmente o Concello de Touro solicitará esta subvención para adquirir un punto limpo móbil cofinanciada pola Unión Europea no marco do plan de recuperación, transformación e resiliencia", informa a Marea Veciñal de Touro.

O principal grupo da oposición sinala que Ignacio Codesido negárase a solicitar a subvención nos anos 2019 e 2020 alegando que non se precisaba. No verán do 2021 o grupo veciñal reiterou a súa proposta no pleno e foi rexeitada cos seis votos en contra do goberno popular.

O colectivo asegura que "a realidade fixo que o desgoberno tivese que abandonar o negacionismo e aceptar unha proposta de sentido común que lle proporcionará un servizo á veciñanza (no caso de que a subvención sexa aprobada pola Xunta) que se debe incrementar cun punto limpo presencial no que se poidan recibir residuos de maior voluminosidade". A Marea Veciñal de Touro lamenta que a pesares de que foron os primeiros en presentar esta proposta entre os concellos da contorna( a primeira moción que presentaron foi en 2019), a negativa do alcalde e o seu goberno fixo que Touro sexa un dos últimos concellos en contar co servizo.


Recordan que o goberno presidido por Codesido botou abaixo unha proposta do grupo veciñal para solicitar fondos europeos para a creación dun proxecto industrial pioneiro na comunidade baseado na recuperación de metais que crearía ducias de postos de emprego. Invitan ao alcalde a rectificar a súa postura unha vez máis e apoiar o seu traballo en prol da veciñanza.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page