top of page

O Concello de Touro pon en marcha unha oficina de información turística

Ecos da Comarca/Touro

A través dunha subvención de Turismo da Xunta de Galicia, o Concello de Touro rehabilitou unha edificación municipal, situada no núcleo de Fonte Díaz para destinala a oficina de Información Turística. Esta edificación foi usada durante os últimos trinta anos como almacén pola empresa privada concesionaria do servizo municipal de augas, sen ningún tipo de contraprestación ou beneficio para o concello. Agora o goberno local recuperouna para o uso público.

Con esta rehabilitación, por un lado recuperouse e revalorizouse patrimonio público

municipal e por outro cúbrese unha necesidade de espazo de traballo para

administración local.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A oficina estará aberta ao público de martes a sábado, atendida por unha técnica

informadora turística contratada con financiamento da Deputación da Coruña.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Durante os vindeiros meses a técnica de turismo levará a cabo un intenso labor de

organización de contidos e promoción dos nosos recursos, actualización de datos e

posicionamento turístico dos negocios de hostalaría e de hospedaxe.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page