top of page

O Concello de Touro pide á Xunta melloras no mantemento da estrada AC-240

Ecos da Comarca/Touro

O contrato da Xunta de Galicia para mantemento da estrada AC-240 finaliza este ano. O Concello de Touro puxo en coñecemento da Axencia Galega de Infraestruturas, que é a titular da estrada, as deficiencias no mantemento, limpeza da senda peonil e desbroce das marxes da vía.

O Concello lémbralle á Xunta que esta estrada é tramo da Ruta Cicloturística europea EUROVELO-3 “Ruta dos Peregrinos en Bicicleta” , que tamén discorre por núcleos de poboación principais; destacando por elo a importancia da súa limpeza e mellora da imaxe.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Tamén destaca o abandono das áreas anexas da antiga estrada (na A Muíña, A

Ponte Nova – ponte medieval sobre o río Lañas, ou Bentín) que son titularidade da Xunta e que non se fai mantemento delas.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O Concello de Touro pide á Axencia Galega de Infraestruturas que nos novos pregos do futuro contrato de mantemento se teñan en consideración estas circunstancias, de xeito que nos vindeiros anos se mellore a limpeza, estética e seguridade da estrada para vehículos, viandantes e ciclistas.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page