top of page

O Concello de Touro organiza para o sábado 6 de xullo a I Xornada Técnica de Pesca Fluvial 

Correrá a cargo de varios expertos na materia e será unha iniciativa con actividades para adultos e cativos


Laura Moure/Touro

O Concello de Touro organiza para o sábado 6 de xullo a I Xornada Técnica de Pesca Fluvial. Será unha xornada pensada tanto para nenos como adultos e levarase a cabo na Área Recreativa da Santaia e na Casa da Cultura. Correrá a cargo de varios expertos na materia.

Así arrancará ás 11:00 horas cunha charla sobre a Introducción ao mundo da pesca (Para nenos). Será a cargo de Salvador Ortega, Creador da web de pesca www.asorillasdoulla.com, experto pescador de troita e salmón no río Ulla. Dará unha explicación sobre métodos de pesca, aparellos, especies piscícolas. Será na Área Recreativa da Santaia.


Unha horas despois, neste mesmo lugar, comezará unha xornada de pesca para nenos.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

A iniciativa continuará pola tarde. Ás 16:30 horas na Casa da Cultura arrancarán obradoiros de montaxe co artesán Salvador Ortega, pescador e fundador da web “www.asorillasdoulla.com (Aparellos de Salmón); Jorge Varela Torres, pescador e artesán de Peixes artificiais e Xaquín Muiños, pescador e artesán de moscas de Troita, Salmón e Reo.


Ás 18:00 horas terá lugar un Relatorio – Ponencia Charla na Casa da Cultura sobre Bioloxía das especies migratorias do Ulla e estado do medio con Fernando Cobo, Catedrático e doutor pola USC, experto en Zooloxía.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

E por último, sobre as 19:30 horas será a clausura con degustación de troitas e pinchos variados para todos os asistentes.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page