top of page

O Concello de Touro organiza a I edición do festival Ulla Fest

Terá lugar o 11 de agosto no centro urbano de Fonte Díaz e será gratuíto


Laura Moure/Touro

O novo goberno municipal de Touro, dentro da súa axenda cultural estival, incluíu a celebración dun festival dirixido á mocidade. O cartel está composto por artistas galegos con presencia en festivais de renome como o Son do Camiño e tamén por djs locais aos que o evento lles servirá de escaparate. Como cabeza de cartel figuran Galician Army, C Mirazo e Dj Mil.

Galician Army son Alberto e Sergio. No seu ADN, a música electrónica actual atopa nos sons retro, principalmente dos anos 80, o seu mellor socio. Vangelis, Daft Punk, Pet Shop Boys ou Hans Zimmer son algúns dos seus principais referentes. Billboard recoñeceu o seu traballo en varios dos seus artigos. Tras sete anos de traxectoria conxunta, están no seu momento de maior madurez artística, con un remix oficial a Terra de Tanxugueiras, unha colaboración e varios remixes con The Rapants e agora, por fin, cun álbum de debut xa na rúa.Toda esta música estará respaldada por un novo concepto de show, un híbrido entre o DJ set e o live con sintetizadores, que xa foi presentado en O Son do Camiño 2022, renomeado festival no que repetiron este ano.


Publicidade

Preme na imaxe se queres obter máis información do evento.

O Neto de Mirazo é un artista e compositor galego nado en 1992, que medrou co rap nacional pero sempre tivo como referencia a escena musical estadounidense e centroamericana. É un dos máximos expoñentes entre os pioneiros do trap en Galícia e, moito máis aínda, en galego.


Tras emigrar en busca de traballo como bo fillo da súa terra, actualmente explora xéneros variados de música urbana como o Trap, Drill, Dancehall, Reggaeton e Afro Beat, destacando por un son propio moi identificativo na súa forma de interpretar e compoñer. A nivel lírico, C Mirazo trata en profundidade nas súas cancións temas que afectan a todas as persoas, como a paternidade, as relacións persoais, o lecer, ou a necesidade de autosuperación e temas persoais como a emigración, as súas orixes humildes, a droga - que levou unha xeración enteira en Galicia - ou a superación que tivo que levar a cabo para converterse na persoa e o artista que é hoxe.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

DJ Mil: Enamorado da música Funk, Disco e Rap dende a adolescencia, comezou a súa carreira na escena DJ de Santiago de Compostela. Tras anos actuando en clubs e festivais, e competindo a nivel nacional en distintos eventos especializados de DeeJay como Redbull 3Style ou DMC, desenvolveu un estilo característico que o levou a actuar por toda a península e distintas cidades de outros países coma Xenebra (Suíza), Frankfurt (Alemaña), Bristol, Manchester (Inglaterra), Glasgow (Escocia), Gerês (Portugal)...


Os seus DJ sets caracterízanse por combinar enerxía, eclecticismo, baile e as habilidades propias dun DJ curtido en competicións e clubs. Estes poden ir dende o Funk e Disco, xéneros aos que dedica moitas das súas residencias pinchando, a outros máis abertos (open format) nos que navegamos a través do Hip Hop, Dancehall, Electrónica, Rock... .

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page