Será entre o 15 e o 26 de abril e esta iniciativa forma parte do programa ‘Ineco Rural Tic’
Laura Moure/Touro
O Concello de Touro organiza 10 talleres dentro dun ciclo formativo cunha duración de dúas semanas para contribuír á formación en novas tecnoloxías. Esta iniciativa forma parte do programa “Ineco Rural TIC”, lanzado por Ineco. É unha ferramenta ao servizo da cidadanía que reside en pobos e pequenos municipios de España. En Touro será entre o 15 e o 26 de abril e nos vindeiros días o Concello publicará o cartel específico de cada taller para informar dos horarios e aportar máis detalles.
Esta iniciativa trátase dun modelo colaborativo que ten como obxectivo contribuír á
dixitalización social e económica da sociedade que vive en entorno rurais, rompendo as barreiras que os afastan das novas tecnoloxías. Así promove a dixitalización social e está dirixido á poboación en xeral, sobre todo a mozos e adultos.
Centraranse na seguridade dixital, na formación no uso das novas tecnoloxías e en
como reducir reticencias. A finalidade é superar a barreira tecnolóxica, aumentar a
autonomía persoal e reducir a brecha social.
Publicidade
E por outra banda, promove a dixitalización económica e neste caso, vai dirixido ás pequenas e medianas empresas con fin de potenciar o sector empresarial para o
seu posicionamento dixital. Abordará a seguridade dixital, o asesoramento ás
empresas e o xeito de reducir reticencias. O obxectivo é fomentar a visibilización dos negocios a través dos medios tecnolóxicos dispoñibles e o desenvolvemento de páxinas web.
En definitiva, abordarase como levar a cabo os trámites na Seguridade Social, como usar a banca dixital, como solicitar citas médicas de maneira online, as distintas ferramentas de negocio, a seguridade en internet ou as redes sociais.
Comments