top of page

O Concello de Touro mellora a eficiencia enerxética da Casa Consistorial

Ecos da Comarca/Touro

O Concello de Touro afrontou a eficiencia enerxética da casa consistorial. Os traballos, que comenzaron no mes de agosto e xa están rematados, consistiron na sustitución das fiestras das dependencias municipais. O proxecto permitirá reducir o consumo enerxético da sede do Concello de Touro e tamén favorecer a sustentabilidade ambiental.


O presuposto das obras, executado a través do Fondo de Compensación Ambiental, sumou un total de 46.000 euros. Os arranxos foron feitos pola empresa Construcción Silva & Pampín, con sede no municipio de Touro. A renovación das xanelas tamén axudará a insonorizar o ruído exterior e mellorar a seguridade do edificio consistorial.

A Casa Consistorial de Touro. Autor: Ecos da Comarca.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page