top of page

"O Concello de Touro decreta restricións de auga e mentres dalle vía libre a Explotaciones Gallegas"

O Movemento Veciñal de Touro considera que este situación "é unha mostra máis do clientelismo e dependencia que ten o goberno municipal con dita empresa e supón un trato discriminatorio para a veciñanza"


Ecos da Comarca/Touro

O Movemento Veciñal de Touro critica que "o Concello decrete restriccións de auga no uso doméstico mentras lle dá vía libre a Explotaciones Gallegas para o seu uso ilimitado".

Lembra que o 13 de xullo o goberno municipal de Touro emitiu un bando no que informaba á veciñanza da necesidade de reducir o consumo de auga, xa que o caudal dos bombeos e captacións do abastecemento municipal eran inferiores ao caudal consumido. "Dúas semanas despois e logo dunha ola de calor, a situación incluso empeorou e obrigou ao Concello a instalar de urxencia un pequeno equipo de bombeo augas arribas do punto de captación, ante a falta de caudal no río, que non logra satisfacer as necesidades da veciñanza", sinala esta formación política.

Sen embargo, apunta, "esta situación de imposición de restriccións de auga no uso doméstico contrasta co trato de favor que recibe a empresa Explotaciones Gallegas (EXGA, principal propietaria de Cobre San Rafael) por parte do goberno do Concello de Touro. Na actualidade, EXGA fai uso dunha concesión da vella explotación de Río Tinto de extracción de augas para un suposto uso mineiro. O punto de captación é no mesmo lugar que o do abastecemento municipal no río Lañas", asegura.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

E ademais, insiste en que "o que chama poderosamente a atención é que a empresa fai extracción das augas sen existir control de caudal por parte de Augas de Galicia nin do propio Concello. Concretamente ten instalados dous equipos de bombeo con capacidade de extracción de 100.000 litros/hora cada un. A captación do Concello para o abastecemento municipal está situada nun nivel máis elevado que a de EXGA, polo que en episodios de baixo caudal do río como o que estamos a padecer a extracción de auga por parte da empresa deixa a captación do municipio sen auga".

O Movemento Veciñal de Touro considera que este situación "é unha mostra máis do clientelismo e dependencia que ten o goberno municipal con dita empresa. Supón un trato discriminatorio para a veciñanza que ve como mentres non poden regar as hortas hai unha empresa amiga do Concello que consume todos os recursos hídricos e non paga nin un euro, ao mesmo tempo que pon en perigo a dispoñibilidade de auga para o consumo humano".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page