Laura Moure/Touro
O Concello de Touro constrúe unha senda peonil na estrada que une Circes e Calvos de Socamiño. A cuadrilla municipal traballa estes días na construción dunha senda de aproximadamente un quilómetro de lonxitude que descorre nunha das marxes da estrada que conecta as dúas parroquias do municipio de Touro.

O Concello de Touro asume o presuposto desta obra, que completará ese qilómetro nos próximos meses. A veciñanza tiña demandado unha senda que permitira a conexión peonil entre as dúas localidades. Os traballos consisten na ampliación da marxe da carretera, na cimentación do traxecto da senda e no seu formigonado e sinalización. A actuación supón unha mellora da mobilidade e a seguridade da veciñanza da contorna.
Comments