top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Concello de Touro conmemora o Día Internacional das Mulleres Rurais con varias actividades

Un conto teatralizado, contacontos, proxección de documentais e un club de lectura feminista completan a programación


Laura Moure/Touro

O Día internacional das Mulleres Rurais celébrase o15 de outubro. Esta data estableceuse no seno da ONU para destacar o papel crucial das mulleres rurais. Este ano, baixo o lema: "As mulleres rurais cultivan alimentos de calidade para todas as persoas", co obxectivo de destacar o papel fundamental que desempeñan as mulleres e nenas rurais nos sistemas alimentarios de todo o mundo. O Concello de Touro promove distintas actividades para conmemorar este día.

  • Conto teatralizado no CPI de Touro: Xela, a superheroína de aldea, coa autora do

conto Inma Soto, que será o día 17, para o alumnado de 4 a 9 anos.

  • Contacontos Greta e os xigantes para o público de Educación Infantil e Primaria, o

día 18. É un conto inspirado no esforzo de Greta Thunberg para salvar o mundo, moza activista ambiental nominada ao Premio Nobel da Paz. Será na Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas, de 17:00 a 17:50 horas. Inscricións ata mañá do día do evento, na biblioteca ou no teléfono: 981 504 029 ou por correo electrónico: xiomara.lazo@concellodetouro.gal ou fani.gonzalez@atlanticponte.com


  • Proxección de documentais sobre Mulleres no rural de Galicia e España, para o

público xuvenil e adulto, tamén o día 18. Posta final en común sobre a realidade da muller no rural e as perspectivas de empoderamento individual e colectivo. Será na Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas, de 18:30 a 19:30 horas. Os interesados deben tamén anotarse ata mañá do día do evento, na biblioteca ou no teléfono 981 504 029 ou por correo electrónico: xiomara.lazo@concellodetouro.gal


Publicidade

  • Inicio do Club de lectura feminista para público adulto na Biblioteca Municipal a partir

do día 25. A primeira lectura está vinculada as vivencias das mulleres rurais: M.a SÁNCHEZ, Terra de mulleres. Unha mirada íntima e familiar do mundo rural. Seix Barral, Planeta, Barcelona, 2019. Serán os venres alternos de 18:30 a 19:30 horas, na Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas. Período de inscrición dende o 14 ao 24 de outubro a través do 981 504 029; dos correos xiomara.lazo@concellodetouro.gal  ou

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page