top of page

O Concello de Touro colabora na celebración da Marcha ciclista Eurovelo Compostela

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Pasará por Touro o 15 de xuño e ata o 15 de febreiro os interesados poden conseguir inscricións gratuítas


Ecos da Comarca/Touro

O Concello de Touro colabora na celebración da Marcha ciclista Eurovelo Compostela, unha ruta cicloturista, organizada polo clube ciclista os Escaravellos de Santiago de Compostela, que atravesará Touro o día 15 de xuño para completar o percorrido de 82 quilómetros.

Os ciclistas circularán pola estrada AC-240 dende o Empalme de Vilar ata o límite de Beseño co concello de Arzúa. En Fonte Díaz terá lugar un avituallamento sólido e líquido e producirase o reagrupamento do pelotón.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Coa colaboración, o Concello de Touro tamén goza dunhas inscricións gratuitas para os cicloturistas naturais do concello, que se sortearán entre os que que soliciten a preinscripción enviando ata o 15 de febreiro un correo a deportes@concellodetouro.gal

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page