Ademais de xogos, animación, obradoiros, teatro contará coa visita de Papá Noel
Ecos da Comarca/Touro

O Concello de Touro celebra hoxe, venres, pola tarde a súa Festa de Nadal cunha programación variada. Terá como escenario o Pavillón Municipal de Deportes e será en horario de 16:00 a 20:00 horas.
Queres saber en que consiste o programa?
De 16:30 a 18:30 horas. Xogos e animación, manualidades e tatoos.
De 18:30 a 19:30 horas. Función de Soño.
Ás 19:30 horas. Visita de Papá Noel onde os cativos poderán entregar as súas cartas.
Comments