Laura Moure/Touro
O Concello de Touro, nos traballos para manter ao día o seu patrimonio público, está arranxando durante os meses de verán os seus lavadoiros públicos ubicados nas diferentes parroquias. O equipo de traballadores do Concello xa arranxou o lavadoiro da Muíña, na parroquia de Quión. As obras consistiron en sustituír o azulexo do interior do lavadoiro e cambiar as columnas que soportan o tellado.
Estes lavadoiros, sobre todo no verán, aínda son utilizados por algúns veciños e veciñas para lavar a roupa, aínda que cada vez son menos frecuentados, tal e como sinala o Concello. Outro dos lavadoiros arranxados é o de Laña, tamén na parroquia de Quión, no que foi restaurado un muro lateral. Entre os traballos que restan por facer está outro lavadoiro na parroquia de Loxo. Esta actuación farase nas próximas semanas.
Os traballadores municipais seguirán desenvolvendo o arranxo destes e outros espacios durante os próximos meses. O Concello de Touro pretende así manter ao día as instalacións que son utilizadas pola veciñanza
Commentaires