Chaman de parte do Sergas para vender xel hidroalcohólico a domicilio
Laura Moure/Touro
O Concello de Touro avisa aos maiores que viven no municipio que tomen as debidas precaucións se reciben unha chamada telefónica preguntando se xa os vacinaron contra a Covid19 e se se atopan ben de saúde e sen efectos secundarios. A persoa que chama facéndose pasar por persoal da Consellería de Sanidade, máis en concreto, do Servizo Galego de Saúde (Sergas), pide a dirección para, posteriormente, presentarse no domilicio particular e vender xel hidroalcohólico a un precio de dous euros.
O Concello deTouro, que sospeita que se trata dunha presunta estafa, está ao tanto de que varios veciños do municipio recibiron esta chamada e incluso a visita dun vendedor para tratar de que lle compraran o xel hidroalcohólico.
O Concello de Touro avisa á veciñanza, sobre todo á de máis idade, que non atenda este tipo de chamadas nin aporten ningún dato ou señas persoais. No caso de que se presenten no domicilio particular, aconsella tamén non comprar o produto que tratan de vender. No caso de que estas persoas insistan coa chamada ou coas visitas, o Concello de Touro aconsella poñer o caso en coñecemento da Garda Civil.
Comments