top of page

O concello de Touro acollerá distintas actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller

Obradoiros, un proxecto educativo, unha concentración, o club de lectura feminista, contacontos, mostra de libros ou unha conferencia engrosan a programación


Laura Moure/Touro

O Concello de Touro albergará múltiples actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller. E todo baixo o lema que o alumnado e profesorado do CPI Plurilingüe Fonte Díaz deseñou para a ocasión: FORZA: substantivo FEMININO. Capacidade para vencer unha resistencia. Deste xeito, haberá iniciativas no colexio desta localidade, na Axencia de Lectura Municipal, na Escola de pais e nais da Anpa A Santaia e tamén se asistirá á unha manifestación en Compostela convocada cada ano polas asociacións feministas nestas datas.

FOTO

No CPI de Fonte díaz levaranse a cabo as seguintes iniciativas:

a) Ciclo de obradoiros “As mulleres e homes igualitarios: máis aló dos estereotipos de xénero”, dirixidos ao alumnado do 5º e 6º de Educación Primaria e Educación Infantil (de febreiro a abril de 2025).

b) Ciclo de Obradoiros: “Benestar emocional”, dirixido ao alumnado de 1º e 4º da ESO (febreiro e marzo de 2025).

c) Proxecto educativo “8M: as nosas mulleres referentes”. Serie de vídeo entrevistas a mulleres do concello de Touro feitas polo alumando de 3º e 4º da ESO.

d) Concentración polo 8M da Comunidade educativa, Centro Socio-cultural, o Concello, e toda a veciñanza en xeral, no Campo da Festa, o 07/03/2025, as 12:00 horas.

e) Contacontos teatralizado: “8 Mulier”, de Trémola Teatro, para a ESO, o 14/03/2025.


Publicidade

ANUNCIO
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Xa na Sala de lectura municipal de Touro desenvolveranse as seguintes:

a) Ciclo de 4 contacontos “Mulleres extraordinarias”: Os martes do mes de marzo de 2025, ás 17:30 horas.

b) Club Feminista de Lectura de Touro. A sexta sesión terá por obxecto a análise do libro: “Non penses nun Elefante Rosa”, de Antía Yáñez, o día 14/03/2025, ás 18:30 horas.

c) Mostra de libros:“Mulleres que marcaron a diferenza”. Durante todo o mes de marzo de 2025.

PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por outra banda, a Escola de Pais e Nais da ANPA A Santaia promove a conferencia “Educar en positivo”, impartida polo Instituto Psicolóxico para a Investigación e o Cambio, que será no CPI de Fonte Díaz, o día 27/02/2024, ás 16:30 horas.


Por último, hai que mencionar que o Concello de Touro pon a disposición da cidadanía en xeral un transporte público para a ida e volta á manifestación do 8 de marzo organizada polo texido asociativo feminista en Santiago. Saída ás 18:30, e volta, ás 21:30 horas (previsiblemente). Prazo de inscrición ata o 04/03/2025.

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page