top of page

O Concello de Touro acolle dúas exposicións itinerantes sobre a violencia de xénero

Poden visitarse ata o 4 de outubro


Ecos da Comarca/Touro

O Concello de Touro alberga dúas exposicións itinerantes cuxa temática é a violencia de xénéro. Xa están abertas ao público e poden visitarse na Casa da Cultura ata o 4 de outubro e a entrada é de balde. Ademais, haberá visitas guiadas dous días.

Por un lado, está a exposición itinerante Adolescencia ante a violencia machista. Son 30 reproducións de ilustracións baseadas nas vivencias e percepcións de adolescentes sobre a violencia machista, representados por cinco ilustradoras. Os testemuños foron recollidos no informe Vivencias, actitudes e percepcións sobre a violencia de xénero en adolescentes da Comunidade de Madrid, no marco do proxecto “10 EN IGUALDADE”, realizado pola Comisión para a Investigación de Malos Tratos a Mujeres (CIMTM).


Esta mostra está aberta ao público no concello de Touro desde o pasado día 25 ata o 4 de outubro en horario de mañá. As visitas guiadas serán, en quenda de tarde, o mércores 2, de 17:00 a 18:00 horas e en quenda de mañá, o xoves 3 de 12:00 a 13:00 horas.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

E por outra banda, tamén na Casa da Cultura de Touro se poderá ver a exposición itinerante de debuxos Crecer con medo: nenas e nenos ante a violencia de xénero. Son 60 reproduccións de debuxos realizados por menores vítimas de violencia de xénero recompilados pola Comisión para a Investigación de Malos Tratos a Mujeres e enmarcados no convenio subscribido coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Estará aberta ao público a metade deles, nas datas e horarios da anterior exposición. O resto de cadros da colección, están expostos no CPI de Fonte Díaz.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page