A Xunta destinará máis de 283.000 euros a financiar a súa construción
Laura Moure/Toques

A Xunta de Galicia financiará máis do 80% das obras do futuro centro de día para as persoas maiores que proxecta o concello de Toques nunha parcela de propiedade municipal ocupada hoxe pola antiga escola. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, acompañado do alcalde José Ángel Penas, visitou este venres a instalación que acollerá este novo servizo, que xestionará o Concello e cuxa construción subvencionará con máis de 283.000 euros o Executivo autonómico.
Publicidade
Esta actuación, que dotará a Toques de 25 prazas para o coidado de persoas maiores, forma parte do Plan de investimentos da Xunta para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais de titularidade municipal. Ao abeiro deste Plan, dotado de 18,5 millóns de euros e acordado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), o Goberno galego financiará unha vintena de proxectos.
Publicidade
Durante a visita, Perfecto Rodríguez destacou o reforzo que suporá o Plan de investimentos para as residencias, centros de día, vivendas comunitarias e centros sociais que dependen das administracións locais. Non só en canto á mellora de instalacións, tamén implicará a creación de 500 novas prazas públicas de residencias e outras 150 de atención diúrna. Un impulso histórico da Xunta á atención que reciben os maiores galegos.
Comments