top of page

O Concello de Toques retoma a súa actividade de peregrinaxe a Santiago os días 17 e 24 de outubro

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Os interesados deben anotarse antes das 12:00 horas do venres anterior a cada etapa


Laura Moure/Toques

O Concello de Toques retoma a actividade de peregrinaxe organizada polo equipo de goberno local para promocionar o Xacobeo 2021-2022. Será durante o mes de outubro despois das sucesivas interrupcións ocasionadas polas restricións sanitarias. "Debido que a situación actual é estable, a intención é culminar as dúas etapas que restan para chegar á praza do Obradoiro onde se ubica a Catedral de Santiago de Compostela", sinala o Concello.


Así establece dúas datas para cada unha das etapas, comezando en Arzúa, lugar onde rematou a derradeira etapa. Serán as seguintes:


  • Domingo 17 de outubro de 2021: Arzúa – Arca (19,3 quilómetros).

  • Domingo 24 de outubro de 2021: Arca – Santiago (19,4 quilómetros).

Para ambos días establécese o mesmo horario de saída, isto é, ás 8:00 horas nas inmediacións da Casa do Concello de Toques para realizar o desprazamento en autobús ata o lugar de saída.


Por esto é necesario reservar praza vía telefónica: 981 505 826 / 626 445 816, antes das 12:00 do venres anterior a cada etapa.

Consistorio de Toques. Autor: Ecos da Comarca.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page