top of page

O Concello de Toques promove para o 6 de mazo a III edición da carreira Subida a San Cidre

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Faino baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo e xa está aberto o prazo para formular as inscricións


Laura Moure/Toques

O Concello de Toques, baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo, organizará o domingo 6 de marzo a partir das 10:30 horas a III edición da carreira Subida a San Cidre, que este ano muda a denominación da carreira por III Subida a San Cidre-Xacodesafío 2022, por mor do Xacobeo 2021-2022.


O prazo de inscrición xa está aberto para todas as probas: 13 quilómetros para os runners maiores de idade e tres probas de distancias curtas en función das categorías para os menores de idade.


A inscrición é de balde para os cativos pero os participantes na carreira de 13 quilómetros está supeditada a unha cota de inscrición de 10 euros (ata o domingo 27 de febreiro) e de 15, ata peche de prazo (4 de marzo).


Para completar a información e para facer as inscricións están a disposición estes enlaces:





0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page