O prazo para anotarse arrancará este luns, día 14
Laura Moure/Toques
O Concello de Toques organiza un campamento de verán que se desenvolverá en cinco semanas, dende o 28 de xuño ata o 30 xullo, e ademais promove durante todo o mes de xullo un campus deportivo. Serán en horario de 10:30 a 14:00 horas e o prezo, 30 euros cada neno.
No campamento poden participar os nados entre o 2009 a 2017, mentres no campus, entre 2003 e 2011. Terán lugar na aula da natureza, no polideportivo, na piscina e nos arredores.
Inscricións
O prazo para anotarse arrancará este luns, día 14, ás 9 da mañá ata o día 17 de xuño 2021 ás 2 da tarde. Non se admitirán inscricións nin antes nin despois das datas establecidas e deben facerse no Consistorio ou a través da sede electrónica do Concello.
Ao contar con prazas limitadas, o Concello marca unhas prioridades para participar nos campamentos:
Terán prioridade as/os empadroadas/os en Toques e asistentes ao CEIP de Toques e fillas/os de traballadoras/es.
Despois, terán prioridade as/os nenas/os por orde de inscrición.
E este ano como novidade, e só no campamento de verán, teranse en conta as rendas por unidade familiar máis baixas.
Os interesados poden obter máis información nas bases accendendo a elas no seguinte enlace:
Commentaires