top of page

O Concello de Toques oferta cursos de natación gratuítos e o prazo para inscribirse remata o día 5

A piscina municipal xa está aberta dende este luns



Ecos da Comarca/Toques

Este luns, 1 de xullo, comezou a tempada de verán en Toques coa apertura da piscina municipal. O horario de apertura é de luns a domingo, de 13:00 a 21:00 horas. Ademais o Concello oferta cursos de natación gratuítos, tanto para pequenos como para adultos.

A entrada diaria ten un custo de 2 € para os maiores de 15 anos, 1 € para a xuventude de 4 a 14 anos e de balde para os menores de 3 anos. Así mesmo existen abonos válidos para días non consecutivos, estos poden ser individuais ou familiares:


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Abono familiar (ata o 1º grao de consanguinidade: cónxuxe, país e fillos))

Para 7 días: 15 €

Para 14 días: 30 €

Para 21 días: 45 €

Para 30 días: 60 €


Abonos unipersonais (intransferibles):

Para 7 días: 5 €

Para 14 días: 10 €

Para 21 días: 15 €

Para 30 días: 20 €


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

Para retirar os bonos e/ou realizar posibles reclamacións, pódese acudir ás oficiñas xerais do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas.


Tamén haberá cursos de natación gratuítos para nenos (de 5 a 10 anos) e para adultos (a partir de 15 anos). Os interesados teñen de prazo ata o 5 de xullo para inscribirse a través do 626 44 58 16. Serán do 8 de xullo ao 1 de agosto. Para infantil serán os martes e xoves ás 16 horas e para os maiores de os luns e mércores tamén ás 16 horas.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page