Actuouse en 199 dos 942 puntos de luz existentes
Ecos da Comarca/Toques
O Concello de Toques acometeu obras por importe de 132.740 euros na renovación do alumeado público exterior no municipio, dos cales 106.192 euros foron financiados por parte do FEDER a través do IDEA (Instituto para la diversificación y ahorro de la energía).
Actuouse en 199 dos 942 puntos de luz existentes, sustituíndo as actuais luminarias provistas principalmente con lámpadas de vapor de sodio de alta presión, por novas luminarias e lámpadas de tecnoloxía LED máis eficientes, e actualizando os 25 cadros de mando existentes para adaptalos á normativa vixente. Con esta actuación diminuirase a potencia de 18,14 kW a 7,96 kW e conseguiráse un aforro enerxético estimado do 62%.
Komentarze