O Concello de Toques convoca o VII Concurso de Fotografía 'Toques, unha paixón'
- ecosdacomarca
- 20 oct 2023
- 1 Min. de lectura
Reparte un total de 200 euros en premios e as imaxes poderán enviarse ata o 15 de decembro
Laura Moure/Toques
O Concello de Toques convoca o VII Concurso de Fotografía que leva por título Toques, unha paixón. Poderá participar calquera persoa cun máximo de tres obras e repartiranse 200 euros en premios.

Os participantes deberán informar dos seguintes datos: nome e apelidos, dirección de correo electrónico, teléfono e título da imaxe. A temática é 'Toques, unha paixón' e deberá estar localizada en calquera punto deste municipio. As fotografías deberán ser en formato electrónico indepentemente da forma en que foron capturadas e aceptarase os formatos JPEG e TIFF.
En caso de enviar máis dunha foto, hai que mandalas en diferentes correos, cos datos do participante en cada unha delas. Terán que ser imaxes inéditas, orixinais e non premiadas en concursos anteriores.
Publicidade
As fotos deberán enviarse preferentemente ao correo marina.corral@toques.gal A organización presupón que o fotógrafo ten a autorización e/ou permiso das persoas que aparecen nas imaxes presentadas e sobre o autor recae toda a responsabilidade relacionada co dereito á intimidade.
O prazo para presentalas rematará o 15 de decembro.
Haberá unha soa categoría e os premios son os seguintes:
Publicidade
Primeiro premio: 100 euros
Segundo premio: 60 euros
Terceiro premio: 40 euros
Os premios outorgaranse por maioría de votos. O xurado poderá eliminar por defecto as imaxes que non se axusten ao disposto nas bases. O resultado do certame será comunicado personalmente e feito público nos puntos habituais habilitados no Concello.
Comments