As bases poden consultarse no boletín oficial da provincia da Coruña de hoxe
O Concello de Toques. Foto: Wikipedia
Laura Moure/Toques
O Concello Toques contratará a tres peóns de obras públicas como persoal laboral temporal, tal e como se publica no boletín oficial da provincia da Coruña deste mércores.
O contrato será a xornada completa: 40 horas semanais de luns a venres en horario partido de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas. A duración prevista dos contratos é de nove meses. En todo caso, a duración estenderase como data máxima ata o 31 de decembro do 2021. Polo tanto, non se poderá estender máis alá do presente ano, xa que a subvención que outorga a Deputación da Coruña a través da liña de subvención do Programa de Integración Laboral mediante execución de obras e servicios mínimos municipais dirixido a concellos da provincia da Coruña durante o exercicio 2021, só abarca os gastos salariais efectuados ata o día 31 de decembro. O salario bruto sería de 1.145 euros ó mes ( incluíndo pagas extras ).
As persoas interesadas poderán consultar todos os requisitos e as bases desta contratación no seguinte enlace: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2021/02/17/2021_0000001088.pdf
Comentários